Torta de requeixo
Introducción:
Receita de torta de requeixo elaborada para o concurso de Recetas con Requeixo As Neves
Número de personas: 8
Ingredientes:
*Receita pensada para 8 racións
- 3 ovos
- 500 gr de requeixo
- 200 ml de nata
- 3 dátiles
- 60 gr de fariña
- Amorodos para decorar
Elaboración:
1. Antes de máis, cómpre poñermos a quencer o forno a 180 graos.
2. Para facermos o amoado da nosa torta, mesturamos todos os ingredientes con axuda dun batedor até que non quede ningún bolboroto.
3. Cando teñamos o amodo listo, vertémolo nun molde de 28cm e enfornamos a nosa torta durante 45 minutos. Cando a estea dourada, sacámola do forno e agardamos a que arrefríe un pouco antes de sacala do molde.
4. Decoramos con amorodos ou coa froita que máis nos guste e listo. Bo proveito!
En esta receta utilizamos:
Video de la receta:
Autor:
Noemí GarcíaPuedes seguirme en: