Follado de requeixo e verduriñas
Introducción:
Un aperitivo ideal para compartir coas nosas amizades e darlle un toque especial a calquera menú.
Número de personas: 8
Ingredientes:
- Unha lámina de follado
- 300 g de Requeixo As Neves
- 80-90 g de cabaza cocida
- Tomatiños cereixa
- Allo en po
- Pementa moída
- Ourego
- Sal
- AOVE
Elaboración:
- Para comezarmos, temos de colocar a masa de follado sobre un molde, apto para o forno.
- Picámola cun gardone enfornámola a 200°, calor arriba e abaixo, durante 15 min. Reservamos uns minutos para que se atempere.
- Mentres tanto, aliñamos o requeixo co allo en po, a pementa moída, o ourego e o sal, ao gusto. Reservamos.
- Nunha tixola, cun chisco de aceite, rustrimos os tomates cereixa uns 5 minutos. Salpementos. Reservamos.
- Estendemos sobre o follado o requeixo.
- De seguir, colocamos uns tomates e uns dados da cabaza cocida.
- Enfornamos de novo, a 200º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos máis, e xa estaría lista para comer!
- Pódese comer tanto fría como quente, ou morna.
En esta receta utilizamos:
Video de la receta:
Autor:
Diana de Bolboretas no bandulloPuedes seguirme en: