|

Semana de celebración do 25 aniversario da nosa Cooperativa

Neste ano 2021 a nosa cooperativa cumpre 25 anos da súa fundación, alá polo ano 1996 cando naceu a Sociedade Cooperativa Condado Paradanta froito da idea colectiva de comercializar dous produtos tradicionais da comarca, o Requeixo de As Neves e o Mel dos nosos montes.

A semana do 8 ao 14 de novembro de 2021, en formato virtual compartiremos contidos especiais, novidades, promocións, sorteos e máis accións conmemorativas para celebrar este 25 aniversario.

O noso traballo foi recoñecido en varias ocasións con diferentes premios no mundo gastronómico e na cooperación e desenvolvemento territorial, intentando sempre seguir pensando na creación de novas técnicas, produtos ou iniciativas para a nosa zona.

Condado Paradanta é tamén o organizador da famosa Feira do Requeixo e Mel das Neves, Festa de Interese Turístico de Galicia, que se celebra cada Venres Santo.

Similar Posts