Visita guiada, obradoiro e degustación comentada
15,00€
A experiencia do Pasaporte do Condado de Paradanta que ofrecemos dende a nosa cooperativa inclúe:
- Visita guiada á planta de produción de requeixo onde explicamos a historia da cooperativa, así como o proceso de elaboración do requeixo e o envasado do mel.
- Obradoiro e degustación comentada de pinchos saudables, sinxelos e riquísimos a base de requeixo e mel acompañados de viños da comarca da Paradanta.
- 10% de desconto nas compras na nosa tenda física.
Este produto e prezo corresponden a unha persoa. Despois de realizar a compra online porémonos en contacto contigo para formalizar os datos e reservar a data. Calquera dúbida podes contactar connosco.
O pasaporte está dispoñible durante todo o ano, incluídos sábados, domingos e festivos (agás o Nadal).
Descubre máis experiencias do Pasaporte do Condado de Paradanta na páxina web oficial do GDR