
Este ano 2021, como consecuencia do novo aprazamento do Feira de Requeixo e Mel de As Neves e co obxectivo de manter forte o seu espírito para cando volva a organizarse, aproveitamos para poñer en marcha esta nova iniciativa, o Mes Virtual do Requeixo e Mel, que se desenvolverá totalmente online recollendo diferentes accións de visibilidade, contidos e actividades repartidas ao longo do mes, organizadas tanto dende o Concello de As Neves , dende a nosa Cooperativa e con contidos que nos achegan os amantes do Requeixo e Mel.
Unha das actividades enmarcadas neste evento e seguindo a tradición dos últimos anos, é a celebración dun Concurso de Receitas con Requeixo, no que participan diferentes blogueiros do mundo da gastronomía nacional.
CONTIDO (actualízase a medida que se publica nas redes sociais):
- Venres 2: Mensaxe de benvida de Xosé Manuel Rodríguez , alcalde das Neves
- Sábado 3: Mensaxe de benvida de Alejandro Martínez, presidente da Cooperativa Condado Paradanta
- Xoves 8: Mensaxe e Receita de Iñaki Bretal, do Restaurante O Eirado (Pontevedra)
- Venres 9: Mensaxe e Receita de Begoña Vázquez do Restaurante Regueiro da Cova (Verín)
- Martes 13: Mensaxe e Receita de Ángel Martínez e Victor Otero de Xanela Gastronómica (Ponteareas, Pontevedra)
- Sábado 17: Mensaxe e Receita de Adrián Albino do Niño Corvo (Vigo, Pontevedra)
- Martes 20: Mensaxe e Receita de Marco Varela do Restaurante Sábrego – Casal de Armán (Ribadavia, Ourense)
- Sábado 24: Mensaxe e Receita de Miguel Mosteiro do Gastrolab Arousa (Boiro, A Coruña)
- Martes 27: Mensaxe e Receita de Óscar Vidal do Restaurante Asador O Pazo (Padrón, A Coruña)
- Sábado 1: Mensaxe de despedida de Alejandro Martinez e Lucía González
Mensaxe de benvida de Xosé Manuel Rodríguez , alcalde das Neves
Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, inaugura a celebración do Mes Virtual do Requeixo e Mel de As Neves 2021, un mes que estará cheo de actividade, gastronomía e ilusión.
Mensaxe de Alejandro Martínez, presidente da Cooperativa Condado Paradanta
Seguimos celebrando o Mes Virtual do Requeixo con Alejandro Martínez, presidente da Cooperativa Condado Paradanta.