As actividades deste ano comezarán varios días antes da feira. O domingo 2 de abril levarase a cabo a ‘Andaina do Requeixo e Mel’, a cal finalizará en Cerdeira onde se realizará unha degustación de pratos elaborados con Requeixo, con música en vivo da Banda de Música Popular de Rubiós. As prazas son limitadas e requírese unha inscrición previa para participar.
Venres 7 abril:
• 11:00 h. Apertura da Feira.
• 12:00 h. A Pontenova. Animación musical
• 12:30 h. Recepción na Casa do Concello.
• 13:00 h. Pregón a cargo do xornalista Xabier Fortes, presentador de La noche en 24 horas de TVE.
• 15:30 h. Charanga Los Támega. Animación musical.
• 16:00 h. Taller infantil de elaboración de pratos con requeixo. Carpa da praza do Concello.
• 17:00 h a 20:00 h. Obradoiros de Cultura Urbana na Casa da Xuventude.
• 18:00 h. Taller de elaboración de pratos con requeixo para persoas adultas. Carpa da praza do Concello.
• 20:00 h. A Roda. Concerto na Praza Maior. Musigal
• 00:00 h. Música nova. Mel de meiga.
Os dous días da feira, estará habilitado un espazo infantil, na carpa situada na Praza do Concello.
Sábado 8 abril
• 11:00 h. Apertura da Feira.
• 11:30 h. Cé orquestra pantasma. Animación musical.
• 12:00 h. Taller de elaboración de pratos con requeixo para persoas adultas. Carpa da Praza do Concello.
• 13:30 h. Vermú musical na Praza Maior. Chavellos.
• 16:00 h. Taller infantil de elaboración de pratos con requeixo. Carpa da Praza do Concello.
• 18:00 h. Caamaño e Ameixeiras. Concerto na Praza maior.
• 19:30 h. Clausura da Feira.