Fantástica parada no Condado Paradanta dos Trens Turísticos de Galicia

Dende hai varios anos a nosa Cooperativa forma parte do programa de Trens Turísticos de Galicia a través da Ruta da Lamprea. Esta iniciativa está organizada por Renfe e a Xunta de Galicia e apoiada por organismos como o INORDE ou o Xacobeo.

A Ruta da Lamprea parte de Pontevedra para visitar o centro histórico e a catedral-fortaleza de Tui, continuando polo castelo de Salvaterra de Miño e o seu Museo da Ciencia do Viño. Posteriormente trasládase ás pesqueiras de Arbo, famosas por ser onde se captura a lamprea no río Miño. Segue visitando o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea «Arabo» para rematar na nosa Cooperativa, xa nas Neves, onde se realiza a cata dos viños de Requeixo, Mel e As Neves e Condado Paradanta.

O acto tivo lugar o pasado sábado 21 de agosto no Mercado das Neves, sendo a nosa a derradeira parada, ás 19.00 horas e recibindo aproximadamente un centenar de persoas, entre viaxeiros e guías turísticos.

Temos a honra de ser un das paradas mellor valoradas nas enquisas, polo que intentamos mellorar cada ano, non só presentando os nosos produtos, senón tamén tratando de converternos en anfitrións que fagan sentir ao viaxeiro como na casa, trasladando os beneficios e valores que ofrece o noso entorno de As Neves e que resumimos no noso lema «Persoas, paixón, poesía e paisaxe».

Despois de dar unha calorosa benvida ao grupo, procedemos a iniciar a degustación, cuxo menú consistiu nesta ocasión por:

  • Bola de requeixo con sal e rebozado en pistachos triturados
  • Torrada de xamón picado con Requeixo
  • Torrada de pan con Requeixo untado e unha loncha de chourizo
  • Torta de Requeixo ao forno
  • Requeixo e Mel

Os cinco excelentes viños que temos que maridar con cada produto:

  • Eidosela Gran Arbastrum – Bola de Requeixo con sal e rebozado en pistachos triturados
  • Albariño de Eidosela – Torrada de xamón picado con Requeixo
  • Viño tinto de Eidosela – Torrada de pan con Requeixo untado e unha loncha de chourizo
  • Albariño Abadía de Tortoreos – Torta de Requeixo ao Forno
  • E como primicia por ser a súa primeira degustación oficial, estreamos un Albariño Chan de Vide que acompañou a nosa mítica sobremesa Requeixo e Mel.

Estamos moi orgullosos e felices de participar neste programa, no que xa estamos pensando na súa vindeira edición.

Para máis información e compra de entradas, deixámosvos este enlace .

Publicaciones Similares