
Organizador:

1. Bases
Introdución
Queda de manifesto que o obxectivo do “III Concurso de Receitas con Requeixo das Neves” ten como misión a difusión do Requeixo mediante a presentación e elaboración de receitas nas que este produto teña esencial protagonismo. As receitas deberán ser respectuosas coas premisas da Dieta Atlántica; xa que logo, a Organización do Concurso resérvase a capacidade de non admitir aquela(s) que non se enmarque(n) nos parámetros para os que foi presentada.
Requisitos persoais
- Deberá ser obrigatoriamente alumno/a dunha das escolas de hostalería pública ou privada de Galicia ou norte de Portugal, indistintamente da nacionalidade do alumno/a.
- Participará en representación da súa escola.
- Non se limita o número de representantes dunha escola.
- Ser maior de 16 anos (coa correspondente autorización firmada adxunta no anexo II).
Requisitos formais
- Cumprimentar debidamente o formulario de inscrición (anexo I).
- Acompañar ao formulario un certificado da escola á que se pertence, que acredite que cursa estudos de hostalería e/ou cociña no curso 2021/2022.
- Unha foto tipo retrato do concursante coa indumentaria de cociña.
Requisitos da receita
- Só poderá presentarse unha receita por alumno/a.
- A receita describirá con todo tipo de detalle os ingredientes e o proceso de elaboración da mesma; así como dos criterios que o concursante estime oportuno para unha mellor comprensión da mesma.
- A fórmula acompañarase de foto/s da receita empratada.
- É obrigatorio o uso de Requeixo das Neves como ingrediente principal da receita, que poderá ser tanto doce coma salgada (aperitivo, tapa, entrante, cóctel, etc…). Calquera participante que non cumpra ese requisito, será descualificado polo Xurado.
- O Requeixo das Neves será proporcionado pola empresa Condado de Paradanta aos participantes seleccionados para o seu uso nas receitas o día do concurso. O resto de ingredientes serán traídos polo alumno.
2. Procedemento de selección
- A Organización do Concurso nomeará para ese efecto unha comisión técnica responsable final de devandita selección, que estará formada por recoñecidos profesionais do sector da restauración e a gastronomía.
- Esta comisión valorará cada proxecto na súa totalidade, xulgando cada un dos aspectos expostos nas bases.
- O número máximo de participantes seleccionados pra a final do Concurso serán 10.
- O xurado fará público o fallo da selección o venres día 25 de marzo do 2022 comunicándolle a todos e cada un dos candidatos seleccionados para a final por teléfono e correo electrónico.
- A Organización enviará aos 10 seleccionados a información pertinente para o desenvolvemento da final:
- Lugar, data e hora da celebración do concurso.
- Menaxe e maquinaria coa que contarán os concursantes e os seus axudantes (1 por cada seleccionado, opcional).
- Os seleccionados que non se poidan contactar nas 48 horas seguintes trala publicación dos finalistas serán descualificados.
- As decisións do Xurado de preselección son inapelables.
3. Datas
Convocatoria
Os proxectos deberán presentarse na forma prevista no apartado 4.Requisitos da receita das Bases entre os días 1 de marzo de 2022 e o 24 de marzo de 2022, ambos inclusive, non aceptándose ningún outro traballo fóra das citadas datas.
Data da final
A elaboración das receitas finalistas levaranse a cabo o martes 29 de marzo de 2022 no Centro de Ensino E.F.A. Cancela(2) das Neves. A non presentación dun candidato a devandita cita implica a súa descualificación.
Entrega de premios
A entrega de premios realizarase o venres 15 de abril de 2022 durante o acto público de lectura do pregón da XXIX Feira do Requeixo e Mel das Neves. Sendo todos os finalistas convocados ao fallo do Xurado.
(2) Rúa Tortoreos s/n As Neves ( Pontevedra). Tel.986.648.250. www.efaacancela.com
4. Final
- As persoas finalistas deberán presentarse o martes 29 de marzo de 2022 no lugar sinalado no apartado anterior.
- Cada finalista deberá preparar a súa receita in situ. Xa que logo, está prohibido levar pratos preparados(3).
- O tempo máximo outorgado para a elaboración da receita será de 45 minutos, incluído o servizo da mesma diante do Xurado.
- O finalista traerá os produtos necesarios(4) para a elaboración da súa proposta como a vaixela para o empratado.
- A orde de entrada nas cociñas farase por rigoroso sorteo previo.
- A receita da final non poderá ter cambio algún respecto da presentada ao Concurso, agás imprevisto ou causa de forza maior, que se deberá dar a coñecer ao Xurado antes do comezo da final, tendo este a decisión final.
- A persoa finalista elaborará cantidade suficiente pra empratar 6 páx.; a saber, 1 para a foto na vaixela elixida polo concursante e 5 máis para o Xurado de Sala.
(3) No caso de que algunha das elaboracións necesite unha preparación superior ao tempo sinalado para a proba (exemplo espuma, xeado, etc…) ainda que teñe que facer esa elaboración diante do xurado, poderá traer a elaboración xa feita para a sua cata, sempre que así o indique con anterioridade na súa receita e o dea a coñecer á organización.
(4) Recórdase, en caso de acudir con coitelos, a necesidade de obter o permiso de transporte dos mesmos.
5. Recomendacións
- Queda prohibido o uso de:
- Salsas industriais.
- Produtos conxelados de forma industrial.
- Panadería industrial.
- Pratos precociñados ou preparados de forma industrial: paté, confitura, marmelada…
- Todo aquel produto que non estea considerado alimento, segundo a normativa vixente sobre Produtos da Alimentación, excepto con motivo decorativo.
- Uso obrigatorio:
- O ingrediente principal é o Requeixo das Neves, tal e como se menciona no apartado 1.4. das Bases.
6. Premios
Os premios(5) do “III Concurso de Receitas con Requeixo das Neves”que otorgan as empresas colaboradoras son:
1º Premio
- Premio en metálico: 250 €
- Noite de aloxamento para duas persoas con almorzo buffet e 1 actividade a elexir (Palacio da Auga o Circuito Celta) no “Balneario de Mondariz”.
- Fin de semana de prácticas nun restaurante gastronómico de Galicia.
2º Premio
- Premio en metálico: 100 €
- 1 maletín de coitelos profesional.
- Degustación de lamprea para 2 persoas no “Restaurante Casa Calviño”, e no “Restaurante O Frenazo”, situados ambos nas Neves (do 20 de abril ao 10 de maio de 2022).
(5) Os premios son concedidos polas empresas colaboradoras, son intransferibles, sendo os gañadores os únicos en poder disfrutar dos mesmos.
(6) Os finalistas deste certame, sen perder a autoría das súas receitas, permitirán que poidan ser publicadas, sen alterar o fondo, aínda que si a forma para igualar criterios de redacción-, así como as fotos mesmas.
7. O Xurado da final
O xurado estará composto por 5 persoas escollidas pola súa cualificación dentro do mundo da gastronomía e a restauración. O nome das mesmas farase público na presentación oficial do Concurso.
Un representante do Xurado actuará como Xurado de Cociña, xulgando a limpeza, técnica e execución.
O Xurado poderá adoptar as decisións que estime oportunas para o bo desenvolvemento do Concurso.
- Criterios de valoración
Para a cualificación, cada membro do Xurado disporá dunha ficha por prato para xulgar os seguintes criterios técnicos e sensoriais:
- Orixinalidade do prato………..(5 puntos)
- Presentación………………….(5 puntos)
- Sabor, texturas e aromas……..(10 puntos)
- Dificultade da receita…………..(5 puntos)
- Manexo na cociña e técnica… (5 puntos)
Nota: O Xurado volverá xulgar os pratos que houberen terminado o Concurso con igual puntuación, non podendo quedar ex aequo dous ou máis pratos.
8. Aceptación das bases
Todas as persoas participantes no Concurso, polo simple feito de participar, aceptan as presentes bases, as normas que rexen a súa participación e os termos, condicións e a política de privacidade e protección de datos.
- Dereitos de imaxe
As persoas participantes autorizan á Organización a reproducir e utilizar o seu nome e apelidos, así como a súa imaxe e a da súa escola en calquera actividade publi-promocional relacionada co Concurso, sen que dita utilización lle confíra dereito de remuneración ou beneficio algún, con excepción feita da entrega do premio que poida ter gañado.
- Protección de datos
Expresamente, infórmase a todos os participantes que a Organización comprométese a actuar conforme ás disposicións da Lei Orgánica 15/1999, de 13 decembro de protección de Datos de Carácter Persoal, así como a destruír os datos facilitados logo da súa exclusiva utilización para o desenvolvemento do Concurso daqueles participantes que non autoricen expresamente aos patrocinadores á súa conservación e custodia.
9. Inscrición
- Presentación ao concurso
As persoas interesadas deberán enviar a súa solicitude por correo electrónico, unha vez cumprimentada a ficha adxunta no anexo I e o anexo II (se fora necesario), á Secretaría do “III Concurso de Receitas de Requeixo das Neves” indicando no “asunto”: Concurso Requeixo As Neves.
- Secretaría técnica do Concurso
receitas@requeixoemeldasneves.es
- Concello de As Neves
Tel. 986.648.038
10. Protocolo Covid
En todo momento, tanto os participantes, xurado, profesores e demáis persoas que podan asistir a calquera dos eventos relacionados co este concurso, haberán de cumplir coas medidas do protocolo covid establecidas pola Xunta de Galicia. Manter a distancia de seguridade e portar máscara.
Ficha de inscripción e autorización (se é necesaria)
Cubre el siguiente formulario de contacto para validar tu participación. Tu correo será suscrito a nuestra base de datos. Cubriendo y enviando la información aceptas nuestra Política de Privacidad:
Empresas colaboradoras
Requeixo e mel das Neves Sociedade Coop. Condado Paradanta
Fran Sotelino Asesoría Gastronómica
Restaurante O´Caldiño
Restaurante Casa Calviño
Restaurante O Frenazo
Hotel Balneario Mondariz
Hostal Cendal
Bodega Abadía de Tortoreos
Bodega Chan de Vide
Cervezas Curuxa
E.F.A. A Cancela
Chef Partner
Aceroplus Impresión Digital
Mal Raio
LUIS ESTéVEZ Marketing Online